𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐎𝐑𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐋𝐀𝐆𝐎 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄 𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐅𝐈𝐍 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐀 𝐎𝐈𝐓𝐀𝐕𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐒𝐀𝐌𝐔𝐑𝐀𝐈 𝐗𝐓𝐑𝐄𝐌𝐄 𝐑𝐀𝐂𝐄
O salón de plenos do Concello das Pontes acollía, onte, a presentación da oitava edición da proba de obstáculos “Samurai Xtreme Race” que se disputará o vindeiro domingo 6 de xullo no entorno do lago pontés.
Elena López, concelleira delegada de deporte, subliñaba que “é un orgullo acoller un ano máis un evento destas características no noso Concello, que mobiliza a tanta xente entre a organización, voluntarios, e participantes. Unha proba de gran relevancia xa que este ano, ademais, é Campionato de España”.
Pola súa banda, José Rodríguez, presidente do Samurai Sports Club e responsable da organización, comentaba os detalles da proba, que “conta xa con 1500 participantes inscritos. Comezaremos o domingo ás 10:30h coa saída dos participantes do campionato de España en categoría Élite. Ás 11:30h sairán os da categoría Starter e a continuación, en quendas de 160 irán saíndo os corredores cada 20 minutos. Finalmente, ás 13:30h será a quenda dos voluntarios, que tamén poderán gozar da experiencia desta Samurai Xtreme Race.”
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-contorna-do-lago-acolle-esta-f…/