Noticias e alertas

𝟕𝟎 𝐍𝐄𝐍𝐎𝐒 𝐄 𝐍𝐄𝐍𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐍, 𝐃𝐔𝐑𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐎 𝐌𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎, 𝐍𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓�...

11/07/2025

𝟕𝟎 𝐍𝐄𝐍𝐎𝐒 𝐄 𝐍𝐄𝐍𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐍, 𝐃𝐔𝐑𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐎 𝐌𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎, 𝐍𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐔𝐑𝐁𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐈𝐋𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒
Un total de 70 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, participan, durante o mes de xullo, nos campamentos urbanos de verán que organiza o Concello das Pontes a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación, coa colaboración do CIM
Onte, a concelleira da área, Tania Pardo, achegouse ata as instalacións do CEIP A Magdalena para intercambiar impresións co persoal responsable do campamento e cos nenos e nenas participantes desta iniciativa municipal que, en palabras da edil ten como obxectivo prioritario, “axudar ás familias das Pontes a conciliar a vida persoal e laboral durante o período estival e ao mesmo tempo tratar de desenvolver entre as pontesas e ponteses máis pequenos actitudes positivas e valores esenciais para o seu crecemento persoal”.
Máis info: https://vive.aspontes.org/70-nenos-e-nenas-participan-dura…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies