Noticias e alertas

COMPARTIMOS O sábado 12 o piragüismo local tivo dúas citas. O Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazaba pola mañá a...

15/07/2025

COMPARTIMOS
O sábado 12 o piragüismo local tivo dúas citas.
O Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazaba pola mañá a tres padexeiros para competir no Campionato Galego Prebenxamín, benxamín e alevín, cita que concorreu no municipio ourensá de Arnoia.
Sobre un circuíto de 1500 metros os nosos obtiveron os seguintes resultados:
Home benxamín B k1, 12º posto para Martín Ferro.
Home benxamín A k1, Javier Filgueira lograba o sub campionato galego.
Home alevín B, Unai Penabad era 3º en meta.
Xa na tarde, dous padexeiros locais participaban na localidade pontevedresa de Ponte Sampaio, na Copa de España máster de maratón. Nun duro percorrido de cerca de 20 quilómetros con correntes, algas e cinco porteos, Ernesto Gancedo era 4º na súa franxa de idade e Miguel Timiraos acadaba un 7º posto na franxa de 40 a 44 anos.
📷 Grupo Xuvenil

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies