Noticias e alertas

𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐑𝐌𝐄 𝐄 𝐀 𝐅𝐑𝐀𝐆𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟓 PARQUE ACTIVO 📆 do 14 ao 17 de xullo �...

16/07/2025

𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐑𝐌𝐄 𝐄 𝐀 𝐅𝐑𝐀𝐆𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟓
PARQUE ACTIVO
📆 do 14 ao 17 de xullo
📌 Xardíns Municipais
🕖 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas
Hoxe coa actuación, ás 19:00 horas, de Brais das Hortas co espectáculo 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐂𝐀𝐆𝐇𝐀𝐑 𝐏𝐀𝐓𝐀𝐓𝐈𝐋𝐋𝐀𝐒. Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.
Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis. Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta… Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies