𝐀𝐒 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐍𝐎𝐑𝐓𝐄𝐀𝐌𝐄𝐑𝐈𝐂𝐀𝐍𝐀𝐒 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐀𝐋𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐍𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐋𝐈́𝐆𝐎𝐍𝐎𝐒 𝐈𝐍𝐃𝐔𝐒𝐓𝐑𝐈𝐀𝐈𝐒 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐗𝐄𝐑𝐀𝐍 𝐌𝐀́𝐈𝐒 𝐃𝐄 𝟑𝟎𝟎 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐆𝐎𝐒
O Concello de As Pontes está a consolidarse como un dos principais destinos para a inversión de empresas norteamericanas en Galicia, coa instalación, nos últimos tres anos, de tres compañías pertencentes aos sectores da enerxía eólica, o sector metalúrxico e o sector do motor, xeradoras de máis de 300 empregos.
Nese sentido, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso apunta que “ser o lugar no que se concentra o maior número de investimentos de capital norteamericano en Galicia evidencia o potencial empresarial de As Pontes, que transcende fronteiras. Estas empresas non só supoñen un impulso clave para a creación de emprego estable e de calidade, senón que tamén dinamizan a economía local, fortalecendo o tecido industrial, comercial e de servizos do noso concello”.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-empresas-norteamericanas-inst…/