Noticias e alertas

COMPARTIMOS O venres, 18 de xullo os padexeiros ponteses Omar Penabad, Adrián Filgueira e Xalo Romero viaxaban ata o enc...

21/07/2025

COMPARTIMOS
O venres, 18 de xullo os padexeiros ponteses Omar Penabad, Adrián Filgueira e Xalo Romero viaxaban ata o encoro de Santa Cruz de Trasona, no concello astur de Corvera, nesta ocasión para participar no Campionato de España de novas promesas.
Na primeira xornada, a do sábado 19, en embarcacións individuais acadaron os seguintes resultados, Omar era o 30º en k1 home cadete A, Adrián acababa nesta mesma competición no posto 58º e no home cadete B Xalo acadaba un 41º lugar, todos sobre a distancia de 500m.
Xa na xornada dominical, o k2 home cadete, de Omar e Adrián colábanse entre a elite nacional para chegar nun 7º lugar e demostrando que están a altura dos mellores nesta embarcación.
📷 Grupo Xuvenil

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies