𝐂𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐒𝐅𝐑𝐔𝐓𝐀𝐍 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝐕𝐄𝐑𝐌𝐔́ 𝐃𝐎 𝐃𝐎𝐌𝐈𝐍𝐆𝐎 𝐂𝐎 𝐆𝐑𝐔𝐏𝐎 𝐌𝐀́𝐒𝐓𝐄𝐑 𝐍𝐀𝐒 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐑𝐌𝐄
O bo tempo acompañou, por fin, este domingo nas Festas do Carme, permitindo que centos de persoas se congregasen na Praza do Carme para gozar da animada sesión vermú a cargo do grupo Máster, unha vez rematada a procesión de subida da Virxe do Carme desde a Igrexa Parroquial á capela do Carme
Tras un inicio das festas marcados pola chuvia, a veciñanza e visitantes aproveitaron a tregua meteorolóxica para saír á rúa e participar desta cita festiva, que se prolongou ata as 18:00 horas cun ambiente cheo de música, baile e moi bo humor.
O Concello quere facer tamén un chamamento ao civismo e á responsabilidade individual e colectiva, xa que é fundamental coidar dos espazos comúns, colaborar coas forzas de seguridade e respectar o traballo de quen fan posible cada acto, desde os servizos de limpeza ata o persoal de obras, protección civil, a policía local e o persoal do departamento de cultura.
Máis info: https://vive.aspontes.org/centos-de-persoas-desfrutan-da-s…/