COMPARTIMOS
𝐁𝐨𝐧𝐨 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐉𝐨𝐯𝐞𝐧 𝟐𝟎𝟐𝟓
Xa está aberta a convocatoria do 𝐁𝐨𝐧𝐨 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐉𝐨𝐯𝐞𝐧 𝟐𝟎𝟐𝟓, unha 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝟒𝟎𝟎 € para que descubras, vivas e desfrutes da cultura como ti queiras: 🎶 música, 🎬 cine, 🎮 videoxogos, 📚 libros, 🎭 teatro, festivais…
𝐐𝐮𝐞𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐥𝐨❓
▪️ Mozos e mozas que cumpran 18 anos durante o 2025
▪️ Que residan legalmente en España, sexan nacidos/as aquí, solicitantes de asilo, desprazados/as temporais ou ex tutelados/as
𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐟𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚❓
O bono é unha tarxeta prepago virtual (ou física, se a precisas), válida durante 12 meses desde a súa concesión e só nas empresas culturais adheridas ao programa.
𝐃𝐢𝐬𝐭𝐫𝐢𝐛𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐛𝐨𝐧𝐨:
▪️ 200 € para espectáculos en vivo, museos, cine ou festivais
▪️ 100 € para produtos físicos: libros, discos, videoxogos...
▪️ 100 € para cultura dixital: plataformas de música, prensa, e-books ou podcast
📌 Podes tramitalo xa en 👉 https://bonoculturajoven.gob.es
🗓 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟑𝟏 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨!
🙌 Dende o Concello das Pontes animámoste a aproveitar esta oportunidade única para vivir a cultura intensamente.