Noticias e alertas

COMPARTIMOS O Beach Rugby Vila das Pontes naceu como un evento deportivo organizado pola Asociación Deportiva Monte Medu...

28/07/2025

COMPARTIMOS
O Beach Rugby Vila das Pontes naceu como un evento deportivo organizado pola Asociación Deportiva Monte Medulio e o Club de Rugby Fendetestas en colaboración co Concello das Pontes e a Deputación da Coruña , co propósito de promover o rugby praia a nivel estatal e converter a contorna do Lago das Pontes nun referente deportivo nacional.
Orixe e historia
A idea comezou a materializarse en 2021, tras dous anos de planificación, coa construción rápida dunha pista multideportiva de area na zona sur do lago. Ese mesmo ano celebrouse a primeira edición do torneo, coñecida como Beach Rugby 5 Vila das Pontes, na que participaron máis de 200 deportistas procedentes de distintas rexións españolas .
A Asociación Deportiva Monte Medulio asumiu a organización do evento desde a primeira edición e desde entón continuou poñendo a súa experiencia loxística e deportiva ao servizo do torneo crecendo ano a ano .
A partir de 2022, a competición consolidouse como unha parada fixa das Series Españolas de Beach Rugby 5, incluíndo equipos sénior masculinos e femininos, e sumando categorías xuvenís (M15‑M17) e Mixed Ability (modalidade inclusiva)
📆 1 e 2 de agosto
📌 Lago das Pontes
⌚️ Todo o día

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies