Noticias e alertas

O Concello das Pontes deu este martes a benvida oficial á delegación da vila bretona de Lesneven, no marco do tradiciona...

29/07/2025

O Concello das Pontes deu este martes a benvida oficial á delegación da vila bretona de Lesneven, no marco do tradicional intercambio cultural promovido polos comités de irmandamento de ambas localidades.
O acto institucional estivo presidido polo alcalde pontés, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, e membros da xunta directiva da Irmandade As Pontes – Lesneven, encabezada por Sara Ramos.
Durante a súa intervención, González Formoso destacou a importancia desta relación de irmandamento que cumpre case 40 anos, unindo dúas comunidades de raíz celta e comprometidas cos valores europeístas. Tamén quixo lembrar a figura de Antón Ferreiro, un dos grandes impulsores deste vínculo desde 1991, cuxa pegada segue presente nesta iniciativa cultural e social.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-recibe-a-vecinanza-de-…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies