Noticias e alertas

𝐎 𝐂𝐋𝐔𝐁 𝐌𝐎𝐇𝐈𝐂𝐀𝐍 𝐎𝐑𝐆𝐀𝐍𝐈𝐙𝐀 𝐀 𝐕𝐈𝐈 𝐑𝐔𝐓𝐀 𝐌𝐎𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐀 𝐅𝐑𝐀𝐆𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐎 𝐄𝐏𝐈𝐂𝐄𝐍𝐓�...

30/07/2025

𝐎 𝐂𝐋𝐔𝐁 𝐌𝐎𝐇𝐈𝐂𝐀𝐍 𝐎𝐑𝐆𝐀𝐍𝐈𝐙𝐀 𝐀 𝐕𝐈𝐈 𝐑𝐔𝐓𝐀 𝐌𝐎𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐀 𝐅𝐑𝐀𝐆𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐎 𝐄𝐏𝐈𝐂𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎
O club moteiro Tribu Mohican presentou hoxe, na Casa do Concello, a sétima edición da súa xa consolidada ruta moteira, que se celebrará este sábado coa área recreativa da Fraga como punto neurálxico das actividades.
O programa arrancará ás 10:00 h coa apertura de inscricións na Fraga. Ás 11:00 h dará comezo a ruta moteira, que percorrerá paraxes emblemáticas das Pontes como o lago, Saa ou Espiñaredo, e estenderase tamén a municipios veciños como Xermade e Cabreiros.
Ás 14:00 h está previsto un xantar de confraternidade na tradicional caseta do polbo da Fraga. Pola tarde, o público poderá desfrutar de sorteos e dunha actuación musical que porá o broche final a unha xornada pensada para os amantes do motor e da boa compañía.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-club-mohican-organiza-a-vii-ru…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies