Noticias e alertas

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐑𝐀́ 𝐀 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐃𝐀 𝐏𝐄𝐃𝐑𝐀𝐅𝐈𝐓𝐀 O Concello das Pontes vé...

13/08/2025

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐑𝐀́ 𝐀 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐃𝐀 𝐏𝐄𝐃𝐑𝐀𝐅𝐈𝐓𝐀
O Concello das Pontes vén de licitar o do proxecto construtivo para a reparación da infraestrutura de paso sobre o río Chamoselo, na Pedrafita, na parroquia do Aparral.
Este proxecto, cun orzamento de 96.11o euros, ten como obxectivo dar resposta aos importantes danos estruturais provocados polas fortes precipitacións rexistradas nos últimos anos.
A intervención prevista contempla a súa demolición completa e a súa substitución por unha ponte de formigón armado executado in situ, de 6 metros de luz libre e 6 metros de ancho, asentado sobre muros de escollera.
A obra tamén inclúe a reposición do firme da estrada, nun treito de aproximadamente 50 metros, co obxectivo de garantir a durabilidade e seguridade da vía tras a intervención.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-renovara-a…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies