𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐈𝐍𝐂𝐎𝐑𝐏𝐎𝐑𝐀 𝐔𝐍 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐌𝐔𝐑𝐀𝐋 𝐀𝐎 𝐌𝐔𝐒𝐄𝐎 𝐀𝐎 𝐀𝐈𝐑𝐄 𝐋𝐈𝐁𝐑𝐄 “𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐞𝐧𝐏𝐄𝐙𝐀𝐒”
O proxecto de arte urbana “As Pontes enPezas” continúa a súa misión de encher de cor e significado os espazos públicos das Pontes cunha nova intervención artística que arrinca hoxe na histórica Praza do Carme.
Nesta ocasión, o artista galego Delio Rodríguez Ces é o encargado de dar vida a unha obra mural inspirada nas festas patronais do municipio, unha celebración que As Pontes mantén viva desde hai case tres séculos.
A temática da obra remite ao 16 de xullo de 1741, data na que As Pontes celebrou por primeira vez as festas en honra da Virxe do Carme, converténdose no único municipio do interior de Galicia que rende culto a esta Santa tradicionalmente mariñeira. A intervención busca captar a esencia destas festas, integrando elementos visuais relacionados coa identidade local, a cultura popular e a gastronomía, para crear un punto de encontro entre o pasado, o presente e o futuro da vila.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-incorpora-un-novo-mur…/