𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐏𝐑𝐎𝐁𝐀 𝐀 𝐒𝐔́𝐀 𝐏𝐑𝐈𝐌𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐑𝐄𝐋𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐒𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐑 𝐀𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐃𝐎 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐋 𝐄 𝐑𝐄𝐅𝐎𝐑𝐙𝐀𝐑 𝐎𝐒 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎𝐒 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎𝐒 𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐈𝐒
O Pleno do Concello das Pontes aprobou hoxe, cos votos a favor do PSOE e o PP e abstención do BNG, a primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) da historia do municipio, un documento esencial para modernizar a estrutura da administración local, ordenar funcións e responsabilidades e garantir unhas condicións laborais máis xustas para o conxunto do persoal municipal.
O rexedor local, Valentín González Formoso, sinalou que “hoxe é un día moi importante para o Concello das Pontes. A aprobación da primeira RPT supón dar resposta a unha necesidade histórica: ordenar a administración local, mellorar as condicións laborais do persoal e, ao mesmo tempo, reforzar a calidade dos servizos que prestamos á nosa veciñanza. O noso obxectivo é que esta ferramenta sirva para crear unha administración máis moderna, eficiente e próxima, capaz de responder ás demandas actuais e futuras da cidadanía.”
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-aproba-a-sua-primeira-…/