Noticias y alertas

🏞️🐉 As Pontes acolle este sábado o primeiro Festival Dragón Boat no Lago, organizado polo Folixa As Pontes, unha xorna...

13/09/2025

🏞️🐉 As Pontes acolle este sábado o primeiro Festival Dragón Boat no Lago, organizado polo Folixa As Pontes, unha xornada deportiva que enche de vida a nosa contorna natural.
🚣‍♀️ O evento conta coa participación de equipos de mulleres que loitan contra o cancro de mama, que atopan neste deporte unha forma de superación, apoio mutuo e visibilidade, demostrando un enorme esforzo, valentía e optimismo.
🤝 O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso destaca a importancia de iniciativas que unen deporte, saúde e convivencia, e agradece ao Náutico Folixa o seu compromiso coa dinamización do lago e coa promoción destes valores.
💙 Desde o Concello queremos darvos as grazas a todas as persoas participantes, organizadoras e público asistente por facer deste festival unha celebración de forza, esperanza e comunidade.
#AsPontes #DragónBoat #DeporteESaúde #EsforzoValentíaOptimismo

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies