Noticias y alertas

XVIII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a mo...

15/09/2025

XVIII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS
A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de ríos. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles.
En ocasións, os refugallos tirados ao río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc.). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación, debido ás sustancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.) ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos.
O Concello das Pontes participa na XVIII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS e convida a sumarse á veciñanza a esta iniciativa para limpar o río Brixeo.
📆 Domingo, 21 de setembro
⌚️ 11:30 horas a 13:00 horas
📌 Rúa 8 de marzo- Pistas Padel
📝 limpeza.rio.brixeo@gmail.com ou 📲697 22 34 04
𝐑𝐄𝐂𝐎𝐌𝐄𝐍𝐃𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒
🥾 Levade calzado e roupa resistentes.
🧤 Empregade luvas para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, ferralla, etc.
🛍 Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
🧼Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos...), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermidades.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies