Noticias e alertas

Esta fin de semana o Club Nautico Folixa, foi o anfitrión do I Festival de Dragon Boat Lago das Pontes, a xornada comezo...

16/09/2025

Esta fin de semana o Club Nautico Folixa, foi o anfitrión do I Festival de Dragon Boat Lago das Pontes, a xornada comezou cedo, co recibimento dos sete equipos que acudían desde Asturias, Lugo, A Coruña, Pontevedra e As Pontes, cun total de 100 persoas.
As categorías disputadas na distancia de 300m con ciaboga incluída foron: BCS-ACS, Feminino e Mixto en BD12, cunha categoría Open en BD22, unha peculiaridade foi que os temoneiros tiñan que correr desde o muro da praia do lago á orde da saída dos xuíces, mentres que nas embarcación cos seus correspondentes tripulantes esperaban preparados a chegada do seu temoneiro, todo un espectáculo que se puido vivir en cada saída.
Para finalizar a xornada competitiva, outra novidade foi a Batalla de Dragóns, no que se enfrontan 8 persoas por equipo, a cada lado do barco, colócase unha corda no medio, e en canto se dese a saída, o equipo que antes superase a corda era o gañador.
Neste tipo de festivais as sobreviventes de cancro len un emotivo escrito no que reivindican e alzan a voz, sobre a importancia dos seus dereitos e o deporte, lembran ás persoas que xa non están, e mostran á sociedade as ganas de vivir, todo iso nun ambiente de complicidade e explosión de cor que se puido vivir na praia do lago das Pontes.
Valentín Formoso, alcalde das Pontes, pechou esta conmemoración cunhas palabras cheas de gratitude a todas as mulleres sobreviventes, e felicitou ao club anfitrión, polos logros e iniciativas desta índole.
Tras repoñer forzas cunha gran paella, deuse paso á entrega de medallas e trofeos, oficiada por Iván Pena, presidente do Club, Elena López, concelleira delegada de deportes, Tania Pardo, concelleira da área de benestar social e Víctor Platas. de ingenieria PSI patrocinador e voluntario.
PODIUM
Categoria BCS-ACS
1 Clasificado: Lugo- Augas (A Coruña) 1’46”
2 Clasificado: Bolboretas- Asturias Dragon Boat 1’ 51”
3 Clasificado: Club Náutico Folixa 1’55”
Feminino
1 Clasificado: Club Náutico Folixa Rosa 1’43”
2 Clasificado: Asturias Dragon Boat 1’48”20””
3 Clasificado: Bolboretas-Lugo 1’48”65””
Mixto
1 Clasificado: Club Náutico Folixa 1’34”
2 Clasificado: Asturias Dragon Boat 1’35”
3 Clasificado: Club Xuvenil 1’39
Batalla de dragones
1 Clasificado: Asturias Dragon Boat
2 Clasificado: Club Náutico Folixa
3 Clasificado; Club Xuvenil
A celebración continuou cun gran sorteo de produtos doados poLOS comercios locais e seguido do Dj pontés Alex Romero, na que as persoas participantes e convidadas non pararon de bailar e gozar.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies