𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐀𝐅𝐈𝐑𝐌𝐀 𝐎 𝐒𝐄𝐔 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐑𝐎𝐌𝐈𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐀 𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐄 𝐎 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐆𝐎 𝐂𝐎𝐀 𝐂𝐋𝐀𝐔𝐒𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐎 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎 𝐃𝐔́𝐀𝐋 𝐄𝐔𝐌𝐄 𝐈𝐕
O Concello das Pontes clausurou o pasado 15 de setembro o Obradoiro de Emprego Dual EUME IV A, centrado na especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes no que, durante nove meses, un total de 15 alumnos e alumnas traballadores/as recibiron formación e realizaron tarefas prácticas de mellora e mantemento en diversos espazos verdes do municipio.
Trátase dun programa dual de formación e emprego, cuxo obxectivo foi mellorar a cualificación profesional das persoas participantes a través dunha combinación de formación teórica e prácticas profesionais efectivas, ofrecendo unha vía sólida para a súa inserción no mercado laboral.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-reafirma-o-seu-comprom…/