Noticias e alertas

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀-𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐑𝐈𝐀...

17/09/2025

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀-𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐑𝐈𝐀 “𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐈𝐆𝐎” 𝐎𝐑𝐆𝐀𝐍𝐈𝐙𝐀𝐃𝐀 𝐏𝐎𝐑 𝐀 𝐗𝐀𝐍𝐄𝐋𝐀
A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a edil de Deportes, Elena López, presentaron esta mañá, na Casa do Concello, a terceira edición da Carreira – Andaina Solidaria “As Pontes Contigo”, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Discapacitados Activos A Xanela, que se celebrará o vindeiro 28 de setembro, a partir das 10:00 horas, na rúa 8 de marzo.
A actividade comezará ás 10:00 horas coas carreiras infantís. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da carreira absoluta, cun percorrido de 5 quilómetros polas rúas do centro urbano. Unha vez iniciada esta proba, arrancará a andaina popular, de 3,5 quilómetros. A entrega de premios realizarase ao remate da carreira absoluta e premiarase ás persoas máis rápidas de cada categoría.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de setembro a través da plataforma www.deporticket.com. No caso da andaina, as inscricións tamén poderán realizarse presencialmente nas dependencias da asociación A Xanela ata o venres 26 de setembro ou o mesmo día da proba, antes do inicio da marcha.
Ademais, habilitouse un “Dorsal 0” na mesma páxina web para aquelas persoas que desexen colaborar coa causa sen participar fisicamente no evento.
Máis información: https://vive.aspontes.org/as-pontes-acolle-unha-nova-edici…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies