Noticias e alertas

500 VECIÑOS E VECIÑAS PARTICIPARON HOXE NA II XORNADA DE CONVIVENCIA DAS PERSOAS MAIORES NO CONCELLO DAS PONTES A vila c...

20/09/2025

500 VECIÑOS E VECIÑAS PARTICIPARON HOXE NA II XORNADA DE CONVIVENCIA DAS PERSOAS MAIORES NO CONCELLO DAS PONTES
A vila celebrou este sábado a II Xornada de Convivencia das Persoas, unha cita que congregou a máis de 500 persoas arredor dunha comida de confraternidade que se consolida xa como un dos encontros sociais máis multitudinarios do ano.
Neste acto recoñeceuse a traxectoria vital de varias centenarias: Hortensia Freire Bouza (101 anos), Modesta López Carballeira (100 anos), María Penabad Piñón (102 anos), María Josefa Pico Fontao (100 anos) e Celina Prados Pérez (100 anos), que aínda que algunhas delas non puideron asistir, o Concello trasladoulles publicamente “o respecto e a admiración de toda a comunidade por formar parte da nosa historia colectiva durante máis dun século”.
Tamén se fixo entrega dun detalle institucional ao veciño máis lonxevo presente na cita, Guillermo Tojeiro Bermúdez (102 anos), e ás veciñas máis veteranas asistentes, Carmen Campello González e Elvira Rivera Martínez, ambas de 94 anos.
Despois tivo lugar o sorteo popular, que contou cun amplo apoio do tecido comercial e asociativo da vila. A xornada completouse cunha tarde musical que contou coas actuacións de Marietta e do Dúo Boreal que puxeron ritmo e animación a unha celebración marcada pola convivencia, o recoñecemento e o orgullo de pertenza.
Máis info: https://vive.aspontes.org/500-vecinos-e-vecinas-participar…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies