𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐓𝐎𝐃𝐎𝐒 𝐎𝐒 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎𝐒 𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐑 𝐃𝐎 𝟒 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐀𝐒𝐀 𝐃𝐎𝐏𝐄𝐒𝐎
O cine de estrea regresa a próxima fin de semana a As Pontes, tras o parón estival, cunha programación que aposta por ofrecer propostas actuais, diversas e de calidade para todos os públicos.
Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura, destaca que “o cine consolidouse como unha das actividades culturais máis valoradas pola veciñanza, especialmente polas familias. Dende que puxemos en marcha esta iniciativa no ano 2017, máis de 42.346 persoas desfrutaron dos 317 títulos proxectados na Casa Dopeso. Estas cifras demostran que existe unha demanda real de cine accesible e actualizado no noso concello”.
Engade ademais que “apostamos por unha programación pensada para todos os públicos, con estreas recentes, en formato dixital e con calidade de exhibición. Seguiremos ofrecendo tamén sesións adaptadas para público neurodiverso, porque cremos nunha cultura inclusiva, sen barreiras e ao alcance de toda a cidadanía”.
.📅 sábados e domingo
📍 Casa Dopeso
🎟️ As entradas poden mercarse de xeito anticipado en: 👉 https://aspontes.sacatuentrada.es