Noticias e alertas

CICLO TEATRO OUTONO - RECONVERSIÓN de Ibuprofeno Teatro RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adult...

25/09/2025

CICLO TEATRO OUTONO - RECONVERSIÓN de Ibuprofeno Teatro
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia 2025
📆 Venres, 24 de outubro
🕙 20:30 horas
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟 https://aspontes.sacatuentrada.es/
📸 Diego Seijo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies