🌱🔋 𝘼𝙘𝙩𝙞𝙫𝙖𝙑𝙚𝙧𝙙𝙚: 𝙪𝙣 𝙞𝙢𝙥𝙪𝙡𝙨𝙤 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙤 𝙛𝙪𝙩𝙪𝙧𝙤 𝙡𝙖𝙗𝙤𝙧𝙖𝙡 𝙚 𝙨𝙤𝙨𝙩𝙞𝙗𝙡𝙚 𝙚𝙣 𝘼𝙨 𝙋𝙤𝙣𝙩𝙚𝙨
O peche das centrais térmicas de carbón afectou gravemente o emprego e a economía local. Para dar resposta a este reto, nace o proxecto ActivaVerde, financiado con fondos europeos do Fondo de Transición Xusta 🚀.
Este proxecto forma parte do Programa de Transición Xusta aprobado pola Comisión Europea, que destina 868 millóns de euros para apoiar a transformación ecolóxica, a diversificación económica e a reinserción laboral nas zonas afectadas por peches industriais en seis comunidades, incluída Galicia.
Unha oportunidade para coñecer as ferramentas e formacións que abrirán portas a empregos verdes e de calidade, cun programa personalizado e con apoio de expertos e sindicatos.
📅 15 de outubro de 2025
📍 Salón de Actos Casa Dopeso,
⏰ 17:30 h
Inscricións a través do código QR