🎭 CICLO TEATRO OUTONO nas Pontes 🎭 AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN de Chévere
Tres mulleres que cantan e tocan sen complexos, herdeiras dunha estirpe de voces furtivas e rebeldes, que reivindican o empoderamento feminino a través da tradición e a cultura popular galega.
Un traballo que explora a sexualidade, os roles de xénero e a violencia machista desde unha perspectiva crítica e sensibilizadora, con texto oral galego e lingua de signos (LSE) en escena grazas á participación de dúas intérpretes.
Non perdas esta cita cun teatro con perspectiva de xénero que dá voz a modelos de muller empoderados e cheos de forza.
📅 Data: Venres, 31 de outubro
🕣 Hora: 20:30 h
📍 Lugar: Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟️ Entradas en: aspontes.sacatuentrada.es
#CicloTeatroOutono #AsFillasBravas #TeatroNasPontes #ConcelloDasPontes #TeatroConPerspectivaDeXénero