Noticias e alertas

🎉 NOVA INICIATIVA DA Deputación da Coruña PARA IMPULSAR O COMERCIO LOCAL! 🛍️ 👉 Se tes un comercio en As Pontes ou es...

03/10/2025

🎉 NOVA INICIATIVA DA Deputación da Coruña PARA IMPULSAR O COMERCIO LOCAL! 🛍️
👉 Se tes un comercio en As Pontes ou es consumidor/a, isto interésache!
💡 A Deputación da Coruña vén de poñer en marcha o Programa Provincial de Apoio ao Comercio Local nos concellos de menos de 20.000 habitantes, como o noso. Unha iniciativa pensada para:
✅ Incentivar as compras no comercio local.
✅ Ofrecer bonos desconto de ata 100 € por persoa.
✅ Dinamizar a economía e apoiar os pequenos establecementos.
✅ Fixar poboación e combater o despoboamento rural.
🧾 Como funciona?
🔹 Os comercios interesados poderán adherirse entre o 6 e o 20 de outubro en www.mercanavila.gal
🔹 A veciñanza maior de 18 anos poderán descargar os seus bonos, a partir do 20 de outubro, en www.mercanavila.gal
🔹 Os bonos poderán usarse ata o 20 de novembro, ou ata esgotarse o crédito dispoñible.
💶 Descontos dispoñibles:
– 5 € en compras de 20 a 29,99 €
– 10 € en compras de 30 a 49,99 €
– 15 € en compras de 50 € ou máis
📢 Non quedes fóra! Participa, comparte e axuda a manter vivo o comercio de As Pontes. 🌱 Apostar polo comercio de proximidade é apostar polo futuro da nosa vila!
#AsPontes #ComercioLocal #Mercanavila #DeputaciónDaCoruña #ConsumoResponsable #RuralVivo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies