Noticias y alertas

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄𝐑𝐀́ 𝐔𝐍 𝐄𝐍𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐎 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐋𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐄𝐒𝐏𝐀𝐍̃�...

03/10/2025

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄𝐑𝐀́ 𝐔𝐍 𝐄𝐍𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐎 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐋𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐄𝐒𝐏𝐀𝐍̃𝐎𝐋𝐀 𝐅𝐄𝐌𝐈𝐍𝐈𝐍𝐀 𝐃𝐄 𝐅𝐔́𝐓𝐁𝐎𝐋 𝐒𝐀𝐋𝐀 𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐔𝐆𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐎 𝐌𝐔𝐍𝐃𝐈𝐀𝐋 𝐃𝐀𝐒 𝐅𝐈𝐋𝐈𝐏𝐈𝐍𝐀𝐒
As Pontes converterase o vindeiro mércores, 8 de outubro, nun dos escenarios dos encontros preparatorios da Selección Española Feminina de Fútbol Sala de cara á Copa Mundial que se disputará nas Filipinas a partir do 21 de novembro.
A cita foi presentada esta tarde na Casa do Concello, na que destacou o orgullo que supón para a vila acoller un encontro deste nivel, lembrando a longa tradición de fútbol sala en As Pontes, cunha ampla representación en competicións galegas e estatais, e subliñando a crecente participación das nenas no deporte.
Segundo Formoso, “cada vez hai máis nenas que optan polo fútbol sala, e os clubs locais están máis volcados na creación e consolidación das categorías femininas desde a base”. O alcalde agradeceu o labor da Federación Galega de Fútbol e do Lago Sport por facer posible que As Pontes poida gozar do mellor fútbol sala nacional e internacional.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-acollera-un-encontro-p…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies