📸 Xornada “REVELA” | As Pontes
O noso concello acolleu o sábado unha nova proposta para as persoas amantes da fotografía: a xornada “Revela”, organizada polo Concello das Pontes xunto a @fotowalk_galicia , e guiada polo recoñecido fotógrafo @xoseduran_photographer
✅ Un día completo con:
🧠 Masterclass sobre iluminación natural en exteriores
💡 Obradoiro práctico con flashes e esquemas creativos
🌿 Roteiro fotográfico polos espazos naturais das Pontes
Grazas ás persoas participantes, pola vosa implicación e interese, a 📸 Xosé Durán, pola súa profesionalidade e bo facer, a 🎯 Fotowalk Galicia, pola excelente coordinación, ao 🧩 persoal de Cultura e Turismo, clave na organización así como a todas as persoas que colaboraron para facer posible esta xornada 🙌
Seguimos apostando pola cultura, a creatividade e o noso territorio. 📷 As Pontes, un lugar para ver e capturar
#RevelaAsPontes #Fotografía #CulturaAsPontes #TurismoAsPontes #FotowalkGalicia #XoseDuran #FotografíaCreativa #GaliciaNatural