Noticias y alertas

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐒𝐔́𝐌𝐀𝐒𝐄 𝐀𝐎 𝐂𝐈𝐂𝐋𝐎 𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄 𝐄 𝐌𝐔𝐋𝐋𝐄𝐑𝐄𝐒 𝐑𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐂𝐎𝐀 �...

10/10/2025

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐒𝐔́𝐌𝐀𝐒𝐄 𝐀𝐎 𝐂𝐈𝐂𝐋𝐎 𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄 𝐄 𝐌𝐔𝐋𝐋𝐄𝐑𝐄𝐒 𝐑𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐂𝐎𝐀 𝐏𝐑𝐎𝐗𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐂𝐔𝐑𝐓𝐀 𝐎 𝐋𝐀𝐕𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎
O Concello das Pontes, en colaboración con Seitura 22, súmase á programación do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais coa proxección da curtametraxe galego O Lavadoiro, que terá lugar o mércores 15 de outubro, ás 19:30 horas, na aula polivalente da Casa Dopeso. A entrada será libre ata completar aforo.
A iniciativa enmárcase dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra cada 15 de outubro. Con esta proxección, o Concello quere recoñecer o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento social, cultural e económico do rural, ao tempo que promove o acceso á cultura a través do cinema.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-sumase-ao-ciclo-nacion…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies