Noticias e alertas

🎀 19 de outubro | Día Internacional contra o Cancro de Mama Esta noite, a Casa do Concello das Pontes ilumínase de rosa...

19/10/2025

🎀 19 de outubro | Día Internacional contra o Cancro de Mama
Esta noite, a Casa do Concello das Pontes ilumínase de rosa 💗 como símbolo de apoio, solidariedade e esperanza fronte ao cancro de mama.
Con este xesto, o Concello quere render homenaxe a todas as persoas que loitan ou loitaron contra a enfermidade, ás súas familias e ás e as persoas profesionais que as acompañan con dedicación e agarimo cada día.
🌸 A prevención e a detección precoz salvan vidas.
Lembramos a importancia das revisións médicas e do coidado da saúde, porque cada paso conta nesta loita compartida.
Hoxe As Pontes vístese de rosa pola vida, pola forza e pola esperanza. 💖
#AsPontesEnRosa #DíaContraOCancroDeMama #Prevención #Esperanza #Loita #AsPontes

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies