📸🍄 Xa temos gañadores do I Concurso Fotográfico “As Pontes, Terra de Cogomelos”! 🍄📸
O Concello das Pontes vén de anunciar o fallo do xurado deste certame, unha das grandes novidades das V Xornadas Micolóxicas Municipais, cunha participación impresionante:
👉 Máis de 50 fotógrafos/as
👉 Preto de 200 imaxes de fungos e cogomelos de toda Galicia
🧠 As fotografías amosan a enorme diversidade micolóxica galega, incluíndo especies tan coñecidas como a Amanita muscaria ou tan curiosas como o Clathrus archeri ou a Xylaria hypoxylon. Unha mostra da riqueza natural do noso territorio, captada con sensibilidade artística e científica.
📅 A entrega dos premios terá lugar o domingo 2 de novembro durante o acto central da XXXV Feira de Fungos e Cogomelos.
🖼 Ademais, as imaxes premiadas e unha selección das mellores obras formarán parte dunha exposición especial dentro da feira. Non vola perdades!
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-entrega-os…/
#AsPontes #FeiraDeFungos #FotografíaDeNatureza #Micoloxía #Cogomelos #GaliciaNatural #ConcelloDasPontes