💼 O Concello das Pontes impulsa unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia
Xunto cos concellos das Somozas e A Capela, poñemos en marcha este programa subvencionado pola Xunta de Galicia e o SEPE, co cofinanciamento das tres entidades locais, cun orzamento total de 175.000 € e unha duración de 12 meses.
👥 Está dirixido a 100 persoas desempregadas da comarca, especialmente aquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral
📚 O programa combina formación, orientación laboral e apoio individualizado para mellorar as oportunidades de inserción, con obxectivo de acadar un 42% de inserción laboral.
🌱 O Concello reafirma así o seu compromiso coa igualdade de oportunidades, a inclusión social e o desenvolvemento económico local.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-implusa-unha-nova-edic…/
#AsPontes #Emprego #Formación #InclusiónSocial #DesenvolvementoLocal #ProgramaIntegradoDeEmprego #XuntaDeGalicia #SEPE