PROGRAMACIÓN 🍄 🎉 XXXV FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS
 🌟 Gala 25º Aniversario da Asociación Cultural Donaire 🌟
 A Asociación Cultural Donaire celebra 25 anos de dedicación á promoción e conservación da cultura tradicional galega. Durante este cuarto de século, Donaire apostou pola recuperación do folclore, a música, o baile e as expresións culturais do noso territorio, implicando a xeracións de persoas a través de proxectos educativos e culturais.
 Nesta gala especial, alumnado e grupacións de todas as xeracións de Donaire compartirán un espectáculo repleto de música en directo, baile e emocións, facendo un repaso das diferentes etapas da súa traxectoria. Un evento onde tradición e creatividade se unen para ofrecer unha posta en escena coidada e emocionante.
 Esta actividade forma parte do programa cultural OUTONO DAS ARTES, promovido pola @daccultura que busca impulsar e difundir a cultura galega a través de espectáculos de gran calidade durante a temporada de outono. Un programa que aposta pola diversidade cultural, a promoción do talento local e a recuperación das nosas raíces.
 📅 Domingo, 2 de novembro
 ⏰ 18:00 h
 📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
 🎟 Entrada gratuíta en https://aspontes.sacatuentrada.es/es
 Non perdas esta oportunidade única para acompañar a Donaire nesta festa inesquecible e celebrar xuntos a riqueza da nosa cultura!
 #Donaire25Aniversario #FeiraDeFungos #CulturaGalega #OutonoDasArtes #DeputaciónDaCoruña