COMPARTIMOS
 📢 OFICINA ITINERANTE DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS RETORNADAS
 O vindeiro mércores, 29 de outubro de 2025, a unidade móbil do programa  “Galicia Retorna 2023-2026” da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia visitará As Pontes, prestando servizo na Praza do Carme, en horario de 09:00 a 14:00 h.
 A Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas, ten como obxectivo promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego 
 🔹 Os servizos que se ofrecerán inclúen información e asesoramento sobre:
 Trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno
 Asistencia sanitaria
 Orientación laboral e emprego
 Formación e vivenda
 Prestacións, subvencións e axudas
 E calquera outro apoio que poidan necesitar
 👥 Un recurso pensado para acompañar e facilitar o regreso á nosa terra das galegas e galegos do exterior.
 📅 Data: Mércores, 29 de outubro de 2025
 🕘 Horario: 09:00 – 14:00 h
 📍 Lugar: Praza do Carme, As Pontes
 #AsPontes #GaliciaRetorna #XuntaDeGalicia #SecretaríaXeralDaEmigración #PersoasRetornadas #OficinaItinerante