🎭 CICLO TEATRO OUTONO | AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN de Chévere Teatro
Tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como fixeron as súas nais e as nais das súas nais. Son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira e de dar voz ás cantoras dunha estirpe que nunca deixou de berrar entre raposos. 🌾
Con esta peza, a compañía Chévere continúa explorando un teatro con perspectiva de xénero, para sensibilizar sobre a violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres.
👉 As Fillas Bravas reafirma modelos empoderados de muller, recuperando a forza, a rebeldía e a creatividade das cantareiras e das mulleres da tradición galega.
É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles femininos na sociedade tradicional, a través das coplas do cancioneiro popular galego.
♿ A función é accesible para todas as persoas, realizada en lingua galega e lingua de signos (LSE) simultaneamente, con dúas intérpretes en escena, e conta cunha audiodescrición previa para persoas con discapacidade visual.
📅 Data: Venres, 31 de outubro
🕣 Hora: 20:30 h
📍 Lugar: Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟 Entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/
✨ Non perdas esta historia tan perto e tan nosa!
#CicloTeatroOutono #Reconversión #IbuprofenoTeatro #AsPontes #Cultura #TeatroGalicia
https://vimeo.com/1096175912?share=copy&fl=sv&fe=ci