Noticias y alertas

𝐎 𝐀𝐋𝐂𝐀𝐋𝐃𝐄 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐕𝐈𝐒𝐈𝐓𝐀 𝐀𝐒 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐀𝐏𝐀𝐑𝐂𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎 𝐍𝐎 𝐏𝐎𝐋𝐈́�...

30/10/2025

𝐎 𝐀𝐋𝐂𝐀𝐋𝐃𝐄 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐕𝐈𝐒𝐈𝐓𝐀 𝐀𝐒 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐀𝐏𝐀𝐑𝐂𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎 𝐍𝐎 𝐏𝐎𝐋𝐈́𝐆𝐎𝐍𝐎 𝐈𝐍𝐃𝐔𝐒𝐓𝐑𝐈𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐏𝐄𝐍𝐀𝐏𝐔𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀
Esta actuación permitirá mellorar as infraestruturas viarias do polígono e ofrecer un servizo esencial nun espazo industrial en constante crecemento, que acolle máis de 30 empresas e centos de traballadores.
💶 O proxecto conta cun orzamento de 151.565,62 €, financiado integramente pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Industria, dentro do plan de axudas para a mellora dos parques empresariais galegos.
Durante a visita, o alcalde destacou que “este novo estacionamento público é unha resposta ás necesidades reais do tecido empresarial de Penapurreira. Vai permitir optimizar o uso do solo industrial, mellorar o acceso e o aparcamento e seguir consolidando As Pontes como referente en desenvolvemento económico e industrial”.
🚧 As obras, realizadas pola empresa local Armacon, abranguen a creación dunha plataforma pavimentada de 2.706 m² con capacidade para 72 vehículos, dúas delas prazas adaptadas, e o acondicionamento dun vial de acceso á glorieta principal do polígono.
Tamén se instalarán redes de saneamento, abastecemento e canalización do alumeado público, ademais de nova sinalización e beirarrúas accesibles.
🏗️ Coa execución deste proxecto, o Concello das Pontes continúa avanzando na modernización das infraestruturas industriais, impulsando un entorno produtivo máis ordenado, sostible e competitivo, que favoreza o crecemento empresarial e a creación de emprego.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-alcalde-das-pontes-visita-as-o…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies