✨ As Pontes convoca o Concurso de Fungos e Cogomelos 2025! 🍄
 O vindeiro domingo, 2 de novembro, chega unha nova edición do noso tradicional certame micolóxico, organizado nesta ocadión pola Asociación Micolóxica Poupariña e Cohempo, coa colaboración do Concello das Pontes.
 Unha cita pensada para fomentar o amor pola natureza e dar a coñecer as especies de cogomelos do noso territorio.  Poderás participar nas categorías Absoluta, Xuvenil ou Promesa, presentando unha cesta con 10 especies diferentes de cogomelos silvestres (sen especies protexidas). O xurado valorará a variedade, o estado de conservación e tamén a creatividade na presentación.
 💰 Máis de 1.600 euros en premios en metálico e vales para gastar no comercio e hostalería local!
 Ademais, todas as persoas participantes recibirán un mandil conmemorativo “Terra de Cogomelos”.
 🌿 Non perdas esta oportunidade de compartir coñecemento, tradición e paixón pola micoloxía!
 📍 Lugar: Praza de América
 🕘 Horario de inscrición: de 09.00 a 10.30 h
 🎯 Entrega de premios: 12:00 horas
 🔗 Consulta as bases completas en https://vive.aspontes.org/as-pontes-convoca-o-concurso.../
 #AsPontes #ConcursoDeFungos #Cogomelos2025 #TerraDeCogomelos #Micoloxía #AsPontesNatural #OutonoEnAsPontes