Noticias e alertas

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐋𝐀𝐌𝐀 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐗𝐄𝐒𝐓𝐈𝐎́𝐍 𝐌𝐀́𝐈𝐒 𝐀́𝐗𝐈𝐋 𝐍𝐎 𝐂𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐃...

03/11/2025

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐋𝐀𝐌𝐀 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐗𝐄𝐒𝐓𝐈𝐎́𝐍 𝐌𝐀́𝐈𝐒 𝐀́𝐗𝐈𝐋 𝐍𝐎 𝐂𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐃𝐈́𝐀 𝐄 𝐍𝐎𝐒 𝐄𝐗𝐏𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐃𝐄𝐏𝐄𝐍𝐃𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀
O Concello das Pontes solicitou á Consellería de Política Social e ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade unha reunión urxente para abordar a situación das prazas do Centro de Día e os atrasos na tramitación da dependencia.
📍 Actualmente, das 20 prazas dispoñibles no Centro de Día, 7 seguen sen cubrir e existen 4 solicitudes pendentes de resolución.
⚠️ Esta falta de xestión está a xerar sobrecarga nos servizos sociais municipais e atrasos noutros programas de atención.
👉 O Concello reclama:
1️⃣A cobertura inmediata das prazas vacantes.
2️⃣Maior coordinación entre administracións.
3️⃣Máis recursos e persoal para axilizar a tramitación da dependencia.
O obxectivo é garantir unha atención digna, eficaz e áxil ás persoas dependentes e ás súas familias.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-solicita-u…/
#AsPontes #BenestarSocial #CentroDeDía #Dependencia #ServizosSociais #ConcelloDasPontes #AtenciónSocial #DereitosSociais

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies