COMPARTIMOS. 🥫 Recollida do Banco de Alimentos — As Pontes 2025 🧡
Este venres 7 e sábado 8 de novembro, o Banco de Alimentos organiza a súa tradicional Gran Recollida, a campaña solidaria máis importante do ano.
📍 Participa nos supermercados Gadis e Eroski da nosa vila.
👉 Podes colaborar de dúas maneiras:
🔸 Facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros.
🔸 Ou sumándote como persoa voluntaria durante estas dúas xornadas.
🆕 Este ano, os bancos de alimentos de Ferrol, Santiago e A Coruña únense baixo o nome “Banco de Alimentos da provincia da Coruña”, para sumar esforzos e mellorar a distribución das axudas.
📦 Nos accesos dos supermercados haberá carros e caixas para depositar as túas doazóns, e voluntariado dispoñible para informar e axudar.
📞 Se queres unirte ao equipo de voluntariado, podes contactar no 604 04 17 12.