Noticias y alertas

🏀⚽ Novo espazo multideporte na Magdalena! 🏐🎾 As Pontes, 6 de novembro de 2025 – A veciñanza da Magdalena xa pode desf...

06/11/2025

🏀⚽ Novo espazo multideporte na Magdalena! 🏐🎾
As Pontes, 6 de novembro de 2025 – A veciñanza da Magdalena xa pode desfrutar dunha nova pista multideporte, creada polo Concello para fomentar o ocio, o deporte e a convivencia no barrio.
O alcalde, Valentín González Formoso, xunto coa concelleira de Xuventude, Lorena Tenreiro, visitou a instalación e falou cos veciños e veciñas que xa a están a usar. “Con esta actuación respondemos a unha demanda histórica da veciñanza. É un espazo inclusivo, seguro e accesible, que mellora a vida do barrio”, destacou o alcalde.
A obra, adxudicada á empresa local Huso 29 cun investimento de 181.427 € e financiamento da Deputación da Coruña, inclúe:
✅ Pista de 20x10 m para fútbol, baloncesto e balonmán
✅ Estrutura colorida en tramex, con porterías e taboleiros de minibasquet
✅ Remodelación da contorna con bancos, papeleiras, xardineiras e novo pavimento accesible
✅ Iluminación LED e mobiliario urbano sostible
Unha iniciativa que fai do Poboado da Magdalena un barrio máis activo, inclusivo e sostible, pensado para todas as idades. 💪 Vén a probar a nova pista e goza dun espazo pensado para toda a veciñanza!
#AsPontes #Deporte #ConcellodAsPontes #EspazoMultideporte #Inclusión #OcioSostible
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-vecinanza-das-pontes-xa-desfru…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies