Noticias e alertas

📣 Este 25 de novembro convidámoste, un ano máis, a afinar a mirada. Por terceiro ano consecutivo, a campaña “Non as fag...

07/11/2025

📣 Este 25 de novembro convidámoste, un ano máis, a afinar a mirada.
Por terceiro ano consecutivo, a campaña “Non as fagas invisibles. Afina a mirada” lembra que a violencia machista non sempre se ve, pero existe en múltiples formas, espazos e idades.
Este 25N convidámoste a mirar máis alá, a recoñecer esas violencias que permanecen ocultas e a lembrar que a súa erradicación é responsabilidade de toda a sociedade.
💜 Cada xesto conta: cando cuestionamos un estereotipo, cando acompañamos a quen sofre, cando educamos desde o respecto e a igualdade.
Ao longo deste mes desenvolveranse diversas accións de sensibilización, reflexión e formación. Un programa que pon o foco na implicación colectiva e na necesidade de ver, nomear e transformar todas as formas de violencia machista.
✳️ Non miremos para outro lado. Afinemos a mirada.
Consulta o cartel da programación 👉
Máis información: igualdade@aspontes.org
#25N #NonAsFagasInvisibles #AfinaAMirada #Igualdade #ContraAsViolenciasMachistas

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies