Dentro da campaña con motivo do 25N "Non as fagas invisibles. AFINA A MIRADA”, imos desenvolver diferentes actividades de sensibilización:
📅Xoves 13 de novembro · 18:00 h
📍 Multiusos Casa Dopeso
🗣️ Faladoiro “A mocidade está fatal: xuventude, sexualidade e pornografía”
Un encontro dirixido a familias para reflexionar sobre como acompañar á adolescencia desde a comprensión e o diálogo, desmontando mitos e estereotipos arredor da sexualidade e da mocidade.
O psicólogo e sexólogo Jesús Moreno, especialista en xénero e masculinidades e colaborador en espazos como Obxectivo Igualdad de RTVE, achegará ferramentas para escoitar, conversar e ser referentes positivos que axuden ás persoas adolescentes a transitar esta etapa con liberdade e respecto.
💜 Educar en igualdade tamén é afinar a mirada.
#25N #NonAsFagasInvisibles #AfinaAMirada #JesúsMoreno #Igualdade #EducaciónAfectivoSexual #ContraAsViolenciasMachistas
Consulta o cartel da programación.
Máis información: igualdade@aspontes.org