🎬 CARTELEIRA DE CINE – FIN DE SEMANA nas Pontes 🎬
✨EL TESORO DE BARRACUDA
Mentres tenta atopar aos seus pais, Faíscas acaba por accidente no barco pirata do Capitán Barracuda, tripulado por temibles mariñeiros armados ata os dentes e cun grave problema: non saben ler. Só ela pode axudarlles a atopar o tesouro de Phineas Crane, o más valioso e cobizado por todos os piratas do Caribe. Así comeza unha aventura que cambiará as súas vidas para sempre.
📅 Sábado, 15 de novembro | 🕔 17:00 h
📅 Domingo, 16 de novembro | 🕔 17:00 h
✨ LA CENA
Dúas semanas despois de acabar a Guerra Civil, Franco solicita unha cea de celebración no Hotel Palace. Un novo tenente, un maître meticuloso e un grupo de prisioneiros republicanos expertos en cociña, deben preparar un banquete impecable en tempo récord. Todo parece ir como unha seda, pero na cociña trámase algo máis que un menú. Adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos
📅 Sábado, 15 de novembro | 🕢 19:30 h e 22:00 h
📅 Domingo, 16 de novembro | 🕢 19:30 h
📍 Lugar: Casa Dopeso
🍿 Non quedes sen a túa entrada!
🔗 https://aspontes.sacatuentrada.es/
🎟️ Reserva xa o teu sitio e disfruta dun fin de semana de cine en compañía!