COMPARTIMOS📰
As Pontes, onde se desenvolverá o proxecto piloto, Rianxo e Ordes son os tres municipios nos que se implantarán as primeiras residencias de maiores impulsadas pola Deputación dá Coruña. Para iso, este luns quedou constituída unha comisión político-técnica que se encargará de deseñar o novo modelo provincial das denominadas Casas de Acompañamento ás Persoas Mariores (CAM).
Este órgano será o responsable de elaborar a memoria técnica, social, xurídica e financeira que permitirá poñer en marcha un modelo de residencias pioneiro en Galicia, centrado na atención personalizada, a convivencia interxeracional e a innovación tecnolóxica. Valentín González Formoso preside esta comisión, que está integrada por representantes de todos os grupos políticos na corporación provincial e por persoal técnico das áreas de Política Social, Secretaría, Intervención, Arquitectura, Contratación e Patrimonio, entre outras.
Máis info: