Noticias y alertas

COMPARTIMOS 📰 A Deputación da Coruña decidiu ampliar ata o 3 de decembro o período de uso dos bonos do programa MercaNa...

21/11/2025

COMPARTIMOS 📰
A Deputación da Coruña decidiu ampliar ata o 3 de decembro o período de uso dos bonos do programa MercaNaVila, unha decisión motivada pola elevada demanda rexistrada desde a súa posta en marcha o pasado 20 de outubro. A medida atende igualmente as solicitudes trasladadas por varios concellos da provincia e pola Federación Galega de Comercio.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, subliñou que a acollida da iniciativa superou todas as previsións. Ata a data descargáronse ao redor de 80.000 bonos, realizáronse máis de 156.000 compras e o volume de vendas xa supera os 9,6 millóns de euros. En total, 1.188 establecementos de municipios de menos de 20.000 habitantes participan no programa.
Máis info:

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies