Noticias e alertas

O Concello das Pontes vén de licitar a demolición do antigo Colexio Pardo Bazán, cun orzamento de 400.205 euros. Este é...

24/11/2025

O Concello das Pontes vén de licitar a demolición do antigo Colexio Pardo Bazán, cun orzamento de 400.205 euros. Este é un paso imprescindible para habilitar a parcela onde a Deputación da Coruña construirá a futura Casa de Acompañamento a Persoas Maiores, o primeiro xeriátrico público do noso municipio.
🔹 Que se demole?
O conxunto inclúe dúas edificacións:
O edificio orixinal, con estrutura de madeira de castiñeiro e cuberta de lousa. A ampliación, executada en formigón armado, con cubertas inclinadas e unha zona de ximnasio parcialmente soterrada.
🔹 Como se fará a demolición?
A actuación desenvolverase en dez fases,
Retirada de cubertas, carpinterías e elementos metálicos.
Demolición manual e mecánica do edificio da rúa Calderón de la Barca
Derrubo de muros, tabiques, cerramentos e forxados.
Demolición de cimentacións e pavimentos.
Traslado de residuos a xestores autorizados e recuperación de áridos.
Valado final da parcela cun peche metálico.
🚧 Afectacións ao tráfico
Durante as fases máis sensibles:
As rúas Calderón de la Barca e Ramón e Cajal permanecerán pechadas ao tráfico.
O tránsito peonil poderá restrinxirse puntualmente, sempre baixo supervisión do persoal de obra.
🏡 O Concello destaca que esta intervención permitirá contar cun solar seguro e preparado para iniciar a construción dunha infraestrutura esencial para o futuro dos servizos sociais das Pontes e da comarca.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-licita-a-demolicion-d…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies