DECLARACIÓN INSTITUCIONAL🟣 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Hoxe, en lembranza de todas as mulleres asasinadas pola violencia machista, acompañando ás superviventes e ás súas familias, renovamos o noso compromiso con unha vida libre de violencia para todas as mulleres e nenas.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema dunha desigualdade histórica. Cada cifra que coñecemos representa unha vida, unha historia, unha familia rota. Negar ou minimizar esta violencia só contribúe á súa persistencia.
Este 25N, o Concello das Pontes fai un chamamento á responsabilidade colectiva co lema:
“Non as fagas invisibles. AFINA A MIRADA”
🔹 É hora de ver, recoñecer e actuar fronte ás distintas formas de violencia que sofren as mulleres: física, psicolóxica, sexual, económica, social…
🔹 É hora de educar, previr, apoiar ás vítimas e rexeitar calquera forma de discriminación.
🔹 É hora de afinar a nosa mirada para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencia machista.
Porque só unha sociedade na que as mulleres non sufran violencia por ser mulleres pode considerarse#concellodaspontes
Máis info: https://vive.aspontes.org/declaracion-institucional-25-n-d…/
#25N #NonAsFagasInvisibles #AfinaAMirada #Igualdade #NonAViolenciaMachista #ConcelloDasPontes