🏗️ O Concello das Pontes rehabilitará o pavillón polideportivo do CEIP A Magdalena
O Concello vén de licitar, por 149.911 euros, a rehabilitación enerxética do pavillón do CEIP A Magdalena, nun proxecto cofinanciado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello das Pontes
✨ Que se vai mellorar?
🔹 Renovación integral das fachadas, con novo illamento para evitar humidades e mellorar o confort.
🔹 Substitución da chapa superior e renovación da imaxe exterior.
🔹 Reposición de canalóns e baixantes para unha correcta evacuación das augas.
🔹 Modernización da iluminación interior: tecnoloxía LED eficiente e con sistema de control automático.
🔹 Instalación dun novo sistema de produción de auga quente con aerotermia, máis sostible e de menor consumo.
🏫 Esta actuación suporá un pavillón máis eficiente, seguro e confortable, beneficiando ao alumnado do CEIP A Magdalena e a toda a veciñanza usuaria das instalacións.
🌱 Un paso máis na nosa aposta por infraestruturas públicas modernas e respectuosas co medio ambiente.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-rehabilita…/