😄👑✨ Os Reis Magos pasaron por As Pontes… e viñeron cargadiños! ✨👑😄
O luns pola noite, Melchor, Gaspar e Baltasar tomaron as rúas das Pontes, repartindo ilusión, confeti… e algunha que outra promesa de “o ano que vén pórtome mellor”
E fixérono a pesar do frío e da choiva intensa por momentos, porque cando hai maxia, nada a detén.
Esta cabalgata non sería posible sen todas as persoas que, con ilusión e compromiso, fixeron que os Reis chegasen a cada recuncho.
Grazas á escola de ciclismo do club Ciclista As Pontes, ao Club Terras do Eume, ao Club Patín As Pontes e ao club de Ximnasia Rítmica da Pontes.
Grazas á Escola Municipal de Pandeireta, á banda de música (que puxo a nota inicial de alegría), as compañías de teatro que encheron de risas as rúas e o auditorio Municipal Cine Alovi.
Grazás á Policía Local, a Protección Civil, e ao persoal de Cultura, ao pé do cañón para que todo saíse ben e por suposto, ao coches clásicos que fixeron posible que os Reis compartisen tamén momentos moi especiais cos nosos maiores antes do inicio da cabalgata.
E un agradecemento moi especial ás nenas e nenos que acompañaron aos Reis nas súas carrozas e nos séquitos reais a pé, e ás persoas responsables do seu coidado, repartindo caramelos, sorrisos e alegría incluso baixo a chuvia. Fostes auténticos embaixadores da maxia 👑✨
Grazas a todas e todos por facer posible unha noite chea de emoción, risas e moito espírito pontés.
Agora toca gozar dos regalos… e a portarse ben que os Reis xa nos vixilan! 😆
👑✨ Vivan os Reis Magos! ✨👑