Noticias y alertas

📍 Mellora da seguridade viaria en O Paraño O Concello das Pontes vén de iniciar a fase de licitación das obras de mello...

15/01/2026

📍 Mellora da seguridade viaria en O Paraño
O Concello das Pontes vén de iniciar a fase de licitación das obras de mellora da seguridade viaria no núcleo rural de O Paraño, cun investimento previsto de 109.346,76 € procedentes da Deputación da Coruña.
🤓Actualmente estase a avaliar as ofertas presentadas polas empresas interesadas.
🛣️ Que actuacións se van realizar?
• Rehabilitación da calzada de acceso ás vivendas
• Rebaixa da rasante e reperfilado das marxes e cunetas
• Novo firme con zahorra artificial e formigón bituminoso
• Instalación dunha franxa peonil fronte ás vivendas
• Colocación de redutores de velocidade
• Canalización e recollida de augas pluviais
• Reposición de servizos afectados (auga e electricidade)
• Posterior sinalización horizontal e vertical
🎯 O obxectivo é mellorar a seguridade e comodidade de vehículos e peóns, reforzando o compromiso municipal coa mellora das infraestruturas nos núcleos rurais e coa calidade de vida dos veciños e veciñas.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-licita-a-m…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies