Noticias y alertas

CANCELADO POR LOITO OFICIAL ⚫ 🎶 MÚSICA EN DIRECTO! 🎶 O Conservatorio Profesional de Música das Pontes tráenos unha nov...

19/01/2026

CANCELADO POR LOITO OFICIAL ⚫
🎶 MÚSICA EN DIRECTO! 🎶
O Conservatorio Profesional de Música das Pontes tráenos unha nova proposta dentro do programa Dinamiz-ARTj!
Este martes temos unha cita cos sons do dixieland da man da St. James Dixie Band, liderada polo profesor do noso conservatorio, Óscar Prieto, un espectáculo cheo de ritmo, improvisación e moita enerxía ✨
📅 Martes 20 de xaneiro
⏰ 19:00 h
📍 Salón de actos da Casa Doutor Dopeso
📌 As Pontes de García Rodríguez
Un evento para todos os públicos onde gozaremos da música máis clásica de New Orleans 🎺🔥
🟡 Entrada libre ata completar aforo
📣 Sobre o programa Dinamiz-ARTj
Dinamiz-ARTj é un programa do Instituto para a Transición Xusta O.A., a través da Fundación Ciudad de la Energía–CIUDEN, F.S.P., que pretende xerar unha ampla oferta cultural nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.
O seu obxectivo é contribuír á difusión e promoción das artes escénicas a través de actuacións e actividades artísticas ofrecidas por artistas españois ou residentes en España.
👥 Organiza: Conservatorio Profesional de Música das Pontes
🎭 Programa: Dinamiz-ARTj
#AsPontes #DinamizARTj #ConservatorioDasPontes #Música #Cultura #Dixieland #StJamesDixieBand #TransiciónXusta #CIUDEN

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies